A Igrexa



BARRIO DA PARROQUIA DE
Cabeiro

A orixe do nome deste barrio de Cabeiro é transparente. A razón do topónimo débese á existencia da igrexa, baixo a advocación de San Xoán. Sitúase na parte baixa da parroquia, acompañado dun amplo carballo e dunha cruz de pedra como antesala.