O Xestal
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
Xestal é un substantivo colectivo derivado de xesta (do latín GENISTA) ao que se lle engade o sufixo de abundancia -ALE. Designa un conxunto de arbustos leguminosos do xénero Sarothamnus moi comúns en Galicia. Na parroquia de Cabeiro no barrio da Igrexa, atopamos o topónimo O Xestal, á fin do Camiño da Melixosa en chegando á parroquia de Negros. Na parroquia de Cabeiro forma parte do territorio da Millarada e conforma dúas parcelas estreitas e alongadas ao carón do Camiño da Millarada.