As Cangras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

É posible que este topónimo sexa unha variante de Cangas, topónimo que dá nome ao concello da Ría de Vigo, ao que se lle engadiu o sufixo -ara. Unha forma análoga é, por exemplo, de longa-lóngara. Despois, a vogal postónica desaparece para dar a forma longra. O topónimo Cangas procede da forma céltica *CAMBICAS, "curva ou cousa curva". Polo tanto, seguindo o exemplo anterior, engadiríaselle o sufixo para dar *cángaras e por síncope da vogal postónica daría As Cangras.