Os Covelos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
O substantivo covelo designa un "pequeno lugar cóncavo ou fondo; pequena depresión do terreo", derivado do adxectivo covo (do latín CAVA, "cóncavo, profundo"). Segundo o Nomenclátor de Galiza son 50 os lugares que conteñen no núcleo do seu topónimo covelo. Na parroquia de Cabeiro distínguese o topónimo cun morfema flexivo plural, Os Covelos, xa asentado dende 1756 conforme indicada o Catastro de Ensenada, e como segundo formante do topónimo Camiño dos Covelos.