Os Eidos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
O substantivo común eido está recollido polo dicionario da Real Academia Galega como "conxunto de terras que circundan unha casa" ou "terreo cultivado que pode estar entre as terras que rodean unha casa ou non". Segundo o Nomenclátor da Xunta de Galiza son 50 os lugares que teñen no seu topónimo este nome ou derivados do mesmo, a meirande parte deles rexistrados nas comarcas do Condado, Paradanta e Vigo. Na parroquia de Cabeiro xa aparece mencionado no Catastro de Ensenada de 1756 "Os Eidos" cos morfemas correspondentes de plural. Tamén, cualificado por un adxectivo, encontramos O Eido Vello que se atopa no Camiño dos Quinteiros debaixo da Coutada. Este topónimo no Catastro de Ensenada aparece como "A Eiravella". E, finalmente, O Eido do Rei que linda co Camiño da Igrexa.