A Peña



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

O substantivo peña é un castelanismo, o termo en galego sería pena e fai referencia a unha formación pétrea de gran tamaño que sobresae en boa parte da superficie. Esta voz pasou ao portugués como penha, desprazando a vella forma patrimonial común galego-portuguesa pena que actualmente só sobrevive no rexistro toponímico. No tocante á súa etimoloxía, a opinión maioritaria interpretou pena como resultado do latín PINNA "amea dunha muralla ou fortaleza", "pináculo", aínda que outros autores consideran máis axeitado relacionala co substrato prelatino, e máis en concreto cun tema *penn-/*pinn- "rocha, pena".