As Pereiras
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
En Cabeiro atopamos o topónimo A Pereira e o seu plural As Pereiras, este último rexistrado no Catastro de Ensenada de 1756 como "As Pereiras". O primeiro sitúase entre A Chan e o Campiño. O segundo, sobre os Campos de Arriba separado polo Camiño das Pereiras. Cabe destacar que na fala oral tamén se desenvolve a pronuncia preira. Este fenómeno trátase dunha síncope da vogal pretónica "e" (fenómeno como A Cruña fronte A Coruña). En todo caso convén ter en conta que estamos ante unha palabra homónima: palabras que se escriben iguais pero teñen distinto significado e etimoloxía. Neste caso, tanto pode aludir á árbore froiteira pera (do latín PIRA), como tamén un lugar cuberto de pedras (do latín PETRA). Ambos os dous lexemas pera e pedra nas palabras derivadas evolucionaron ao galego como pereira,o aínda que tamén se emprega e se recolle para pedra o derivado pedreira, pedreiro.