A Coutada
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
O substantivo coutada vén do verbo coutar, a partir de couto (en latín CAUTU, "protexer, defender, coidar"). Un couto é un territorio afectado por determinados dereitos de propiedade ou xurisdición. Por tanto, A Coutada refírese a parcelas do monte que foron privatizadas e adoitan lindar co monte comunal. A respecto da formación toponímica atopamos derivados de couto con probable alusión ós donos das terras: As Coutadas da Vella , As Coutadas de Landín, Coutada de Vilar e As Coutadas do Crego . E, por outra banda, pola localización dos terreos: Coutadas de Afora , As Coutadas do Río e Coutada da Carreira.