As Fenteiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

Trátase dun colectivo regularizado (non estándar) sobre o nome fento do latín FILICTU "mata de fentos", de onde xorden as variantes galegas fento, fieito e feito. O colectivo máis estendido vén do latín FILICARIA que orixina Filgueira, tamén moi empregado na toponimia galega que adoito remiten á vexetación orixinaria destes lugares. Na parroquia de Cabeiro, no Barrio da Igrexa atopamos unicamente o colectivo plural As Fenteiras e Camiño das Fenteiras.