A Carreira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

A carreira é un substantivo común que determina un camiño, a miúdo estreito. Deriva do substantivo carro (CARRU, un celtismo introducido no latín) que daría CARRARIA ou VIA CARRARIA. Mantén a relación con este significado ao se usar inicialmente para referirse a un "camiño apto para carros". Na parroquia de Cabeiro atopamos As Carreiras, e cualificados por un adxectivo que indica tamaño: As Carreiras Pequenas e A Carreira Grande. No Catastro de Ensenada de 1756 podemos atopar dúas referencias en singular tanto "Carreira" como "A Carreira".