O Cocho
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
O substantivo cocho máis os seus derivados teñen moita presenza na toponimia galega sur-occidental. Ademais do comunmente coñecido "cocho" como sinónimo de "porco", tamén garda relación co verbo acochar co significado de "abrigo". Emporiso, neste caso é probable que designe un anaco de terra con linde a un paso común tal e como na fala oral fan emprego do termo ?cocho?. Na parroquia de Cabeiro atopamos dous lugares nomeados O Cocho. Un fronte ao Eido Vello e outro entre Os Mangoeiros de Arriba e A Balada. O plural Os Cochos atópase enriba da Fonte, á dereita do Aceiteiro. O diminutivo plural Os Cochiños, fronte As Cachadas. E, finalmente, cualificados por un adxectivo que denota como é o terreo do cocho: O Cocho Grande á dereita dos Cochos e Os Cochos Longos situado tras O Lugar da Igrexa no Camiño dos Covelos. No Catastro de Ensenada de 1756 alúdese tanto ao "Cocho" (singular) coma aos "Cochos" (plural) ademais de "O Cocho da Fonte" actualmente en desuso.