A Graña
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
Graña é un substantivo feminino que, segundo o dicionario da Real Academia Galega, fai referencia á unha extensión de monte baixo, sen cultivar. Por outra parte, a forma graña, igual ca de granxa, son resultados galegos da forma latina GRANIA, que procede de GRANU ("gran, cereal"). Tanto Granxa como Graña son topónimos moi numerosos en Galiza e case sempre relacionados coa actividade monacal. Na parroquia de Cabeiro encontramos A Graña. Pola documentación medieval sabemos que o mosteiro de Santa María de Armenteira (Meis) tiña propiedades aforadas tanto en Cabeiro coma en Trasmañó. O topónimo aparece rexistrado no Catastro de Ensenada (1756) como "A Graña".