As Leiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

O substantivo leira é de orixe prerromana, documentada en textos medievais como LAREA, e designa "un lugar estreito de regadío". Segundo o Nomenclátor de Galiza son 25 os lugares, cos seus derivados, denominados como leira. Na parroquia de Cabeiro recóllese Leira Longa como microtopónimo dentro do lugar chamado como Os Mangoeiros de Abaixo. Está formado por un adxectivo cualificativo que referencia a forma alongada do terreo. No Catastro de Ensenada de 1756 aparece referenciado o lexema plural "As Leiras" sen modificadores.