Os Forniños



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

O forno é o establecemento ou lugar onde se coce e vende o pan. Antigamente era un lugar de encontro social da xente do pobo. O diminutivo Os Forniños, xa referenciado dende 1756 no Catastro de Ensenada, está situado entre os Campos Grandes e Os Eidos deslindados polo Camiño da Quiringosta.