O Pumar



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro

O substantivo pumar (resultado da pechazón de pomar, que é o termo aceptado pola Real Academia Galega) vén do latín tardío POMAR, variante de POMALE ("verxel"). Os topónimos que inclúen este nome adoito servían para designar lugares nos que había maceiras ou de xeito xenérico, árbores froiteiras. Neste caso O Pumar xa se rexistra no Catastro de Ensenada de 1756 co mesmo nome.