A Veiga
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
Veiga é un substantivo de orixe prerromana compartida tamén polo portugués e español (vega) de significado orixinariamente hidronímico, que designaban aquelas terras cultivadas situadas a carón dun curso de auga. Segundo o Nomenclátor de Galiza son 180 os lugares que teñen no seu núcleo veiga ou os seus derivados. En Cabeiro distínguese A Veiga de Abaixo, entre A Coutada e O Campo de Abaixo dende o Camiño dos Quinteiros, e A Veiga de Arriba. O topónimo As Longas, situado fronte As Carreiras, fai alusión á forma alongada do terreo que presenta elidido un substantivo como "veiga", "leira", "terra" e que forman un conxunto de terras alongadas. Dado que no Catastro de Ensenada de 1756 xa aparece unha referencia a "Veiga Longa" é probable que o lexema elidido sexa este substantivo e non outro.