Os Campos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Cabeiro
O substantivo campo (do latín CAMPU) a miúdo designa na toponimia un espazo amplo de terreo máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo. Na parroquia de Cabeiro distinguimos no Barrio da Igrexa Os Campos, Os Campos de Arriba e Os Campos de Abaixo así nomeados pola diferenza de altitude dos mesmos, situados á dereita do inicio do camiño dos Lagos. Os Campos Grandes, referenciado no Catastro de Ensenada de 1756 como "O Campo Grande", tamén cualifica o tamaño das terras, así como o derivado con sufixo diminutivo O Campiño que aludiría a un terreo pequeno aínda que neste caso a extensión do lugar é moi ampla. O Campo de Gaias, Campo de Alves e o Muíño do Campo do Río veñen catalogados polos lugares nos que se atopan. Do mesmo xeito, O Campo Santo, próximo ao cemiterio.