A Nogueira
BARRIO DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo dá nome a un dos catro barrios que conforman a parroquia do Viso. Provén da denominación da árbore en latín nucaria 'nogueira', que deriva, á súa vez, da palabra nuce 'noz' á que se lle engadiu o sufixo latino -ariu, -aria, de onde procede a terminación en -eira: nogueira.
Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc.
En Redondela aparece rexistrado As Nogueiras en Vilar de Infesta e As Nogueiriñas, en diminutivo, na parroquia de Quintela. Na nosa parroquia do Viso, rexistramos o topónimo diminutivo As Nogueiriñas, neste mesmo barrio. Na parroquia de Cedeira aparece un derivado de nogueira con valor colectivo ou abundancial, Nogueiride. Con este mesmo significado colectivo ou abundancial temos en Cesantes O Nogueiral.
En Galicia aparecen rexistrados máis de seiscentos topónimos a partir da palabra nogueira.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, e, posteriormente, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, atopamos varios topónimos derivados: As Nogueiras, A Devesa da Nogueira, A Viña da Nogueira ou A Fonte da Nogueira: "Una casa terreña al sitio da Nogueira que tiene de frente cuatro varas y media e de fondo nueve".