As Codeseiras
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo é un derivado da palabra codeso, un arbusto habitual nos nosos bosques, que tamén se denomina piorno e cítiso. O seu nome provén do latín cytisu.
A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ariu, -aria. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc.
No caso concreto da palabra que nos concirne, Codeseiras, o sufixo -eira engade sentido de abundancia ou colectivo, como en carballeira, trigueira, herbeiro etc.
En Cesantes existe outro lugar tamén chamado As Codeseiras. No barrio de Tuimil, no Viso, existe o topónimo Codesal, con este mesmo significado.
En Galicia existen máis de mil topónimos sobre a palabra codeso, con variantes como O Codesal (Vedra), Os Codesedos (Castro Caldelas), Codesido (O Incio), Os Codesos (Palas de Rei), Codesoso (Sobrado) etc.
Na documentación histórica da parroquia do Viso dos séculos XVII e XVIII recollemos a forma Codesal para denominar un lugar poboado de codesos.