Os Pozancos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso

Este topónimo é un derivado da palabra poza, que provén do latín putea 'pozo' e refírese a un lugar do terreo, natural ou artificial, onde se deposita auga, que normalmente tamén se pode empregar para diferentes usos.
En moitas ocasións o topónimo Poza aparece asociado con outras palabras que fan referencia á persoa propietaria, ao uso que se fai dela, ás súas características ou ao lugar en que se atopa.
Os Pozancos é un derivado de poza a partir do sufixo -ango, que ten un significado despectivo. Este sufixo aplícase en palabras como señoritango, querindanga, pendanga etc. En moitas zonas as consoantes -ng- tendemos a pronuncialas -nk-, como en *dominco, *inklés, *rinkleira etc.
En Galicia aparecen rexistrados topónimos como O Pozango, O Pozangueiro ou as Hortas do Pozango. E pronunciadas con -nk-: Pozanco (Teo) ou As Pozancas (Becerreá).