O Leiro da Chardega
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Un leiro é unha leira pequena. En moitas outras palabras distinguimos a diferenza de tamaño polo xénero masculino ou feminino: barco (máis grande), barca (máis pequena); cesto (máis pequeno), cesta (máis grande).
Unha leira é un terreo de plantación ao que tamén denominamos unha veiga ou mesmo un eido, con este significado.
Non hai unanimidade en canto á orixe desta palabra tan popular no noso vocabulario. Hai autores que lle atribúen unha orixe prerromana, posiblemente un celtismo a partir dunha forma anterior *plarea 'chan'. Nas linguas célticas o p- inicial pérdese. Polo tanto, para algúns autores as nosas leiras entroncan co céltico lar ou laria, 'terreo chairo'. En cambio, en latín este p- inicial non se perde e derivaría en *planus 'campo, terra chaira'. En textos medievais galegos atopámola escrita como larea.
En Galicia aparece de forma abundante por todo o territorio baixo diferentes variantes derivadas como Leiro, Leirado, Leiradiño, Leiriña etc.
A segunda parte do topónimo, Chardega, é un alcuño de persoa, con pronuncia de gheada. A terminación -ega é un sufixo que se emprega para expresar trazos característicos de persoas. Polo tanto, a base léxica da que partimos é chardo, charda, termo empregado como despectivo para cualificar persoas desfavorecidas pertencentes a calquera grupo social, económico ou político. Tamén se pode atribuír como cualificativo para persoas que teñen a pel máis escura.
A palabra chardo é, a súa vez, unha redución da palabra nichardo (fenómeno fonético denominado aférese). Estas dúas palabras para caracterizacións despectivas de persoas teñen a súa orixe nas diferentes variantes do español de hispanoamérica. O termo nichardo contén o sufixo -ardo (de orixe xermánica, co significado de grande, forte, duro, que aparece en nomes propios como Ricardo, Eduardo, Elisardo etc., que, a partir deste significado orixinal, tamén chega a adquirir valores aumentativos despectivos, como a palabra que nos ocupa, nichardo). A súa orixe está na palabra niche 'de raza negra, de baixa condición ou conduta groseira' (RAE). Para algúns autores, niche é unha transcrición da palabra inglesa niger 'negro', pola procedencia africana (Níxer, Nixeria) dos escravos.
Na parroquia de Saxamonde tamén se recolle unha variante deste alcuño: Chardello. O sufixo -ello que presenta esta palabra engádelle un significado despectivo.
En 1905 o alcuño Chandrega aparece recollido nun xornal do centro galego de Río de Xaneiro titulado El Correo Gallego no que unha persoa pide axuda para localizar un familiar: "Se desea saber el paradero de Alfredo, (Chardega), natural de la provincia de Pontevedra, parroquia del Viso. Redondela. / Quien de él tenga noticias se agradecerá lo participe en a rúa Carioca, nú. 72. / Es negocio de su interés; quien lo busca es su primo político Constantino Sequeira da Riva".