O Escredo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Para a pescuda do significado deste topónimo podemos fixarnos na súa teminación -edo, que se aplica en moitos casos para expresar, como topónimo, a abundancia de árbores nun lugar. Este sufixo para expresar a abundancia ou colectivo tamén pode terminar en -ido, -al, -ar, -oso/-osa, ou -eiro/-eira: Carballeda, Carballeira, Figueiredo/Figueirido, Toxal, Toxeira, Xestoso, Ramallosa.
No século XVI aparece rexistrado no Viso como Esqueredo. A forma actual, Escredo, sería o resultado da perda dunha vogal átona no medio da palabra, como ocorre noutras como *vran, *espranza, *esprito etc. Na diocese portuguesa de Miranda do Douro existe tamén un lugar chamado A fonte do Esqueredo.
Como topónimo presenta variantes nas que a vogal átona sofre alteracións: Escuredo, con varios lugares en Galicia (A Veiga, Riós, Viana do Bolo, O Grove, Lalín), así como nas provincias de Zamora e León; Escureda (A Veiga, Viana do Bolo), Escoredo (Asturias). Con terminación en -ido está rexistrado Escurido (Viana do Bolo, A Laracha); ou con terminación en -al: O Escuridal (A Pastoriza).
O apelido Escuredo, por exemplo, presenta máis de catrocentas concorrencias en Galicia.
A orixe do topónimo Escredo estaría no nome dunha árbore froiteira: o esculo (Aesculus hippocastanum), denominado coloquialmente castiñeiro de indias, castiñeiro das bruxas ou falso castiñeiro, debido á semellanza dos seus froitos cos do castiñeiro. Na actualidade pode atoparse como árbore ornamental en paseos e avenidas. O seu froito non é comestible.
A evolución ata o topónimo actual Escredo parte da base léxica esculo, á que se lle engadiu a terminación -edo, con significado abundancial, que deu esculedo. A partir de aquí, o -l- transfórmase en -r- debido a que son dúas consoantes moi próximas entre si (de aí as alternancias frota / flotilla, placidez / pracenteiro etc.), co que chegariamos a Escuredo. A vogal -u-, ao ser átona, pode sufrir variacións (Escoredo, Esqueredo), ou chegar a desaparecer: Escredo.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, como O Escredo, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, como "vecino do Esqueredo".