A Coutada
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo Coutada é un derivado da palabra couto, que provén do latín cautu 'protexido, defendido' a través do participio verbal cautata do verbo latino cautare.
Os coutos son territorios que teñen disposicións especiais de xurisdición ou de propiedade. Hoxe en día son comúns, por exemplo, os coutos de caza ou os coutos de pesca. Para o noso topónimo Coutada, estamos ante unha propiedade demarcada e delimitada na propia topografía do lugar, que fai referencia máis especificamente a propiedades, polo xeral de monte, delimitadas e diferenciadas das demais, normalmente das de uso comunal.
No barrio de Soutoxuste existe outro lugar tamén denominado Coutada.
En Redondela é un topónimo bastante frecuente, que conta con derivacións para precisar a súa situación, características ou propietarios: Coutadas de Abaixo, A Coutada Grande, Coutadas da Fonte dos Rusos, as Coutadas do Cascarexo (Cedeira); A Coutada de Parada (Chapela); a Coutada (Cabeiro, Negros, Quintela, Saxamonde, Vilar de Infesta).
En Galicia aparece rexistrada en máis de catrocentos lugares, con variantes diminutivas como Coutadiña ou Coutadiño. Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: ?Tres cuartos de un ferrado de labradío regadío digo secano de segunda calidad al sitio da Coutada. Linda?. Neste mesmo documento tamén aparece outro lugar baixo a denominación de A Coutada Nova.