O Regueiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso

É un derivado de rego que alude á abundancia de canles ou regos de auga. Na toponimia refírese a lugares por onde discorre a auga, canalizada ou natural, terreos angostos por onde circula unha corrente de auga.
Sobre a súa orixe, algúns autores atribúenlle unha procedencia prerromana a partir da raíz *rek-. Para outros autores tería orixe no latín riga, que habería que poñer en relación co propio verbo latino rigare 'regar'.
En Galicia é un topónimo moi abundante e espallado por todo o territorio. En Redondela atopamos O Regueiro (Cedeira, Negros, Quintela ou Reboreda), As Regueiras (Cedeira, Negros), O Regueiral (Saxamonde).
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Un cuarto ferrado de monte de tercera calidad al sitio do Regueiro".