Cadaval
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Un cadaval é un lugar poboado de cádavos. Os cádavos son os paus de toxo, uceira, queiroa, xesta etc., medio queimados ou chamuscados que queda no monte despois dun incendio ou as ramas secas destes arbustos que hai en certos lugares e que se empregan normalmente para acender o lume. Outras formas de chamarlle ao cádavo son chamizo, guiso e ganzo.
A palabra cádavo ten unha posible orixe prerromana difícil de determinar.
A terminación -al provén do sufixo latino -ale, con significado colectivo, para indicar un conxunto de árbores ou arbustos ou o lugar onde abundan.
En Redondela temos este mesmo topónimo en Reboreda. En Galicia aparecen rexistrados arredor de cincocentos topónimos sobre a base cádavo: Cadaveira, Cadavás, Cadavón, Cadavedo, Cadavosa etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "[perte]nescientes al dicho lugar las heredades que se dicen y nombran de Cadaval".