As Cristas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo nomea unha elevación pronunciada do terreo á beira da estrada que sobe para Cadaval desde o Pereiro, sobre o río Pexegueiro. Provén da palabra homónima do latín crista 'apéndice carnoso sobre a cabeza das aves'. O seu significado está en relación coas arestas que forman os cumes dos montes.
É un dos escasos topónimos rexistrados en Galicia con esta denominación: Altiño da Crista (Celanova), A Crista (Mondoñedo, Cangas).
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "Las cuales trae el que declara = y es declaración que la eredad (sic) das Cristas y da Lavandeira aunque son de diferentes nombres se entiende ser toda una =".