As Longras
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
A forma Longra é unha redución da palabra Lóngara, por desaparición da vogal átona (semellante a palabras como *vran < verán, *espranza < esperanza etc.). Lóngara aparece no Morrazo para denominar propiedades ou parcelas de terreo de forma alongada (Eligio Rivas Quintas (1988)).
Lóngara ten a súa orixe no latín longa 'que ten lonxitude', ao que se lle engade o sufixo prerromano -ara, cun posible significado cuantificador, abundancial ou colectivo. Esta mesma terminación é que atopamos no topónimo do Viso A Gándara.
O topónimo refírese a propiedades que teñen unha forma alongada.
En Redondela temos O Campo da Longra (Cedeira), A Veiga Longa (Reboreda), As Longuiñas (Reboreda) ou Arealonga (Chapela).
En Galicia, o topónimo Longra está rexistrado en máis de cento vinte lugares, e Lóngara en máis de sesenta localizacións.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "Los cuales dichos bienes de suso referidos así como comienzan en el güerto (huerto) das Longras. Y viene hasta la fuente de Aguanterrada".