Agua Enterrada
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
A palabra auga provén do latín aqua, co mesmo significado. En galego a forma normativa é auga, maioritaria en Galicia (resultado do cambio de sílaba da vogal u). Na zona occidental de Galicia, a forma que se emprega é a máis conservadora da súa orixe etimolóxica: agua. Por este motivo, aínda que o nome oficial deste topónimo é Auga Enterrada, a denominación coloquial é Agua Enterrada.
A segunda parte do topónimo, Enterrada, pode facer referencia a dúas acepcións: por unha parte, ás canalizacións subterráneas que se realizan para as conducións de auga desde os mananciais; por outra parte, tamén se pode referir a depósitos naturais ou artificiais de augas subterráneas acumuladas nun terreo determinado. Neste sentido, as augas enterradas naturais servirían para a realización de minas de auga, fontes ou mananciais.
A presenza deste topónimo no Viso en documentos dos séculos XVII e XVIII indícanos que a súa acepción corresponde ao segundo dos significados sinalados. Temos varios exemplos deste topónimo no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, e no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de Santa María del Viso, de 1761.