A Lagoa
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este é un topónimo con moita presenza en toda Galicia motivado pola orografía dos terreos, o que permite a acumulación da abundancia de auga que existe ao longo do ano.
Pode nomear a existencia dunha lagoa como tal ou de terreos con abundante auga.
A súa orixe está no latín lacuna. Na evolución da palabra no noso idioma, o -N- intervocálico desaparece, como lles ocorre a moitas das palabras máis antigas da nosa lingua como moeda (lat. moneta), lúa (lat. luna), soar (lat. sonare).
En Galicia están recollidos máis de dous mil topónimos con esta base léxica, a partir da cal se desenvolven variantes como Laguíña (O Viso), Lagoelas (Melide), O Lagoeiro (Boqueixón) etc.
En Redondela tamén ten unha gran presenza nas nosas parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Negros, Quintela, Saxamonde ou Vilar de Infesta.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "=El cocho y heredad que se dice da Lagoa, alias cocho da Bácora, según está cerrado y circundado".