Os Eidos Vellos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
O topónimo Eido refírese ao terreo que arrodea a casa e que conforma a propiedade do predio. Normalmente contén a casa, as construcións anexas, os patios e unha zona de horta para cultivos variados. De aí que o topónimo que tamén existe en Cesantes denominado A Veiga do Eido faga referencia a un campo de cultivo que está dentro dun eido.
A palabra eido provén do latín aditu 'engadido', participio do verbo adire 'engadir', como referencia ao terreo que envolve a casa. Desta mesma base latina proceden tamén outras palabras actuais como adición, adicional ou aditivo.
O topónimo Eido tamén vai acompañado normalmente de palabras que particularizan a súa localización (Eido do Souto en Quintela), os seus posuidores (O Eido da Caseira) ou as súas características: Os Eidos Vellos, O Eido Novo (Quintela).
Pola súa parte, a palabra Vellos provén do latín vetus 'vello' ao que se lle engadiu o sufixo diminutivo latino -ulu, -ula, o que deu vetulu, vetula, de onde proveñen os actuais vello, vella. Este sufixo levou a un resultado evolutivo semellante noutras palabras como oculu > ollo, especulo > espello, articulu > artello etc.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, na súa forma singular O Eido Vello: "Un cuarto ferrado de labradío secano de primera calidad al sitio do Eido Bello (sic), linda Levante, Norte".