As Nogueiriñas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Este topónimo provén do nome da árbore en latín nucaria 'nogueira', que deriva, á súa vez, da palabra nuce 'noz' á que se lle engadiu o sufixo latino -ariu, -aria, de onde procede a terminación en -eira: nogueira.
Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc.
A terminación -iña é un sufixo diminutivo que procede do latín -ina. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo.
En Redondela aparece rexistrado outro topónimo idéntico, As Nogueiriñas, na parroquia de Quintela e as Nogueiras en Vilar de Infesta. Na nosa parroquia do Viso, un dos catro barrios que a conforman é A Nogueira. Na parroquia de Cedeira aparece un derivado de nogueira con valor colectivo ou abundancial, Nogueiride. Con este mesmo significado colectivo ou abundancial temos en Cesantes O Nogueiral.
En Galicia aparecen rexistrados máis de seiscentos topónimos a partir da palabra nogueira.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "La que llaman da Nogueiriña".