A Chan da Roza
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Unha chá (na nosa área lingüística unha chan) é unha extensión plana de terreo, unha chaira. A súa orixe está no latín plana. En galego as palabras máis antigas do idioma perden o -N- cando vai entre dúas vogais, como ocorre con moitas palabras galegas como lúa (latín luna), area (latín arena), coroa (latín corona) etc.
A progresiva desaparición da consonante nasal -N- entre vogais pasa por unha fase en que as vogais conservan un rastro nasal; nunha seguinte fase esa nasalización das vogais desaparece completamente (meu irmao, miña irmá, mañá) como ocorre na maior do noso territorio, pero na franxa occidental de Galicia volve reaparecer a consoante nasal N en posición final das palabras (miña irmán, a mañán, a ran, a lan).
Pola súa banda, a palabra Roza provén do latín ruptia 'rotura', palabra relacionada co verbo do latín coloquial ruptiare 'cortar, rozar', derivado do verbo rumpere 'romper'. Curiosamente, no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas empregábase este verbo "romper" para significar o que hoxe son tamén os lugares denominados como Rotea ou Arrotea, Cavada, Vesada, Cachada, Estibada, Asucada, Noval: "El mismo ferrado de los [montes] abiertos comunes de primera calidad se pueden romper de veinte a veinte años".
Polo tanto, podemos concluír que do verbo *ruptiare provén tamén a palabra actual rozar, co que relacionamos os substantivos roza e rozada.
Outras chans recollidas no Viso son A Chan (Saramagoso), A Chan dos Castiñeiros (Saramagoso). A maiores, na documentación histórica da parroquia dos séculos XVII e XVIII tamén aparecen A Veiga da Chan, Sobre da Chan, A Chan da Nogueiriña e A Chan da Roda.
En Galicia aparecen rexistrados máis de mil seiscentos topónimos sobre a palabra rozar: As Rozadas do Cepo (Chandrexa de Queixa), Rozas Vellas (Lourenzá), A Roza da Braña (A Illa de Arousa) etc.