Curros



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso

A palabra curro ten en galego significados variados: 'monte cerrado destinado a pasto', 'pequeno curral', 'lugar cercado ou cerrado sobre si mesmo', 'eido cerrado' ou 'lugar descuberto e cercado onde se reúnen os cabalos ceibos do monte para tosquialos e marcalos'.
Sobre a súa orixe existen diferentes teorías. Para algúns autores estaría no latín coloquial currale 'curral', que sufriría unha redución a curro. Para outros autores, podería ter unha orixe prerromana na raíz korr- 'cercado, circular'.
En Galicia están rexistrados ao redor de mil setecentos topónimos con esta denominación.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761: "Al sitio de Curros. Linda Levante, Poniente y Sur murado; Norte Francisco Miñán".