A Revolta
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Nogueira
DA PARROQUIA DE
O Viso
Unha revolta aparece definida como un cambio moi pronunciado na dirección dun camiño ou estrada. Tamén se pode referir a curvas amplas ou longas que presenta un vieiro ou mesmo un río. Procede do participio verbal latino revolutu, revoluta, do verbo revolvere 'dar volta', forma derivada a partir do prefixo re- e o verbo latino volvere 'volver', pasando por un latín coloquial voltare 'volver, dar volta'. Outra acepción deste topónimo que debemos ter en conta, segundo sexa o caso, é o que fai referencia ás denominadas desde a antigüidade como terras de revolta, que poden ser terreos gañados ao monte para cultivo, ou tamén terras que que se cultivasen de segunda volta, despois de recollida unha primeira ou principal plantación. En Negros e Reboreda temos cadanseu lugar denominado A Revolta. No resto de Galicia o topónimo Revolta pasa dos dous mil nomes de lugar rexistrados. Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "(fe)rrados de pan poco más o menos =La heredad que se dice da Revolta dicen los que declaran es anexa y perteneciente a ese dicho lugar que ansí mismo está cerrada y circundada sobre sí y llevará de sembradura seis ferrados de pan poco más o menos".