Laredo



BARRIO DA PARROQUIA DE
Chapela

Ténselle dado a mesma explicación ca ao Laredo cántabro, que se explica como un derivado do latín GLAREA "grava, area" e faría referencia á constitución do terreo. Pero seguramente un e otro Laredo teñen orixes distintas. En territorio galego LAREDO pode explicarse como un derivado colectivo en -edo do latín medieval LAREA, actual leira. Hoxe admítese que leira debe pertencer a unha familia léxica céltica (p)la-, de significado semellante ao do latín PLANUS ou CAMPUS.