As Laxes da Ribeira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

O substantivo común galego laxe é unha palabra de orixe prerromana, posiblemente céltica, que se incorporou como LAGENA ao latín do noroeste hispánico. Os dicionarios definen laxe como "pedra de superficie lisa". Ten moita presenza na toponimia de Galicia e o Nomenclátor recolle noventa e cinco localidades en cuxo nome está presente este substantivo. Na parroquia de Chapela atopamos A Laxe Partida e As Laxes da Ribeira.