Pasán



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

Pasáns debe ser o correspondente ao latín PASALES (como Rubiáns, Freixáns..., onde o N non é etimolóxico, senón que xurdiu tras a perda dun -L- intervocálico). Probablemente foi a consolidación dese plural pasáns o que provocou a alteración do singular en topónimos compostos con el: Pasán da Costa, Pasán da Igrexa... Un pasal é un grupo de pedras sobre o leito dun río ou regato para cruzalo a pé. Por exemplo, nalgún caso da parroquia da Chapela, chámanlle Pasán a unha pasarela sobre a autoestrada.