Fondo de Laredo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

O adxectivo e substantivo fondo (do latín FUNDU) na toponimia fai referencia á orografía do terreo e designa lugares que se sitúan nun plano inferior respecto do seu contorno. Na parroquia de Chapela rexístranse nomes como Fondo de Laredo e O Fondón da Grila, que nos indican a súa situación dentro doutros lugares. O primeiro xa aparece no Catastro da Ensenada (século XVIII).