A Freixa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

A palabra galega feixa designa un cachón ou unha fervenza nun río. Na fala e na toponimia presenta dúas variantes: feixa, que sería a forma tradicional, e freixa, cun -r- que atopamos tamén noutras palabras, especialmente nas iniciadas por f-. A orixe de freixa ou feixa é escura ou controvertida. Hai autores que o relacionan con fraga e co verbo latino FRANGO "romper", pero tamén se ten proposto como étimo o latín FALASIA, polo que o nome feixa galego sería parente do francés falaise "acantilado, desnivel pronunciado".