A Sanguñeira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

En galego, sanguiño é o nome común do amieiro negro (Rhamnus frangula ou Frangula alnus). Sarmiento recolle a denominación sanguiño en Pontevedra para unha árbore que el identifica moi parecida ao sanguiño propiamente dito. Moito máis común é o colectivo Sanguñedo (Baleira, A Fonsagrada, Forcarei) ou Sanguiñedo (Dozón, Guitiriz, Monfero etc.). Porén, no concello de Redondela rexístrase A Sanguñeira que semella un derivado en -eira desta voz sanguiño. Existe unha vacilación entre o resultado velar Sanguñedo e o palatal Sanguiñedo, sendo o primeiro o que aparece en A Sanguñeira.