Fiáns



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

As voces galegas feno e feo proceden do latín FENU "herba segada e seca para alimento do gando" ou á "planta das gramíneas que se caracteriza polo seu particular recendo" (dicionario da Real Academia Galega). A forma Fiáns parece provir do derivado plural FENALES, que dá solucións como Feáns, Fiás, Fiais e Feás. Na parroquia de Chapela temos as formas Fiáns, Fiáns de Abaixo e Fiáns de Arriba. No Catastro da Ensenada de 1760 atopamos este topónimo escrito Fianes.