Arealonga



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

O nome area vén do latín ARENA e refírese a un lugar abundante en area. Na parroquia de Chapela atópanse diversas zonas e terreos chamados Arealonga e As Areaslongas. Así, o substantivo area vai acompañado do adxectivo longa, do latín LONGA. Estes adxectivos presentes nos topónimos fan referencia a diversas realidades caracterizadas pola súa forma alongada. Xa se documenta este nome no Catastro da Ensenada de 1760.