As Grilas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela
Topónimo transparente formado polo feminino do substantivo grilo, do latín GRYLLUM. É un "insecto da orde dos ortópteros, saltador, duns tres centímetros de tamaño e de cor negra, que se caracteriza porque o macho produce un son monótono ao fretar os élitros" (dicionario da Real Academia Galega). A forma feminina do topónimo fai pensar que en orixe se refire a unha muller así alcumada, mais existe maior probabilidade de que se refira a un adxectivo feminino a partir dun nome masculino de propietario (As propiedades do Grilo = As Grilas). O nome está rexistrado no Catastro da Ensenada (S. XVIII).