A Area dos Penedos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

Este microtopónimo referido a un terreo toma o seu nome da Praia da Area dos Penedos, situada moi preto. O nome area vén do latín ARENA e refírese a un lugar abundante en area. Por outro lado penedo é un derivado de pena (resultado do latín PINNA "amea dunha muralla ou fortaleza", "pináculo", aínda que outros autores consideran máis axeitado relacionala co substrato prelatino, e máis en concreto cun tema *penn-/*pinn- "rocha, pena". Penedo formouse mediante o sufixo latino -ETU, que en galego deu -edo, propio dos colectivos. Así pois, en orixe o substantivo penedo faría referencia a un conxunto de penas, mais nalgúns casos fai referencia a unha pena grande. Seguindo o dito, A Area dos Penedos podería ser un lugar abundante en penas.