A Devesa de Arealonga



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Laredo
DA PARROQUIA DE
Chapela

O topónimo Devesa procede do latín serodio *(TERRA) DEFENSA "terra coutada", "terra ou territorio cercado", e sinala antigas devesas ou grandes fincas pechadas que podían ser as devesas do rei e eran empregadas para a produción de madeira. Noutras ocasións o topónimo A Devesa ten menos pretensións e sinala áreas coutadas máis pequenas, propiedade de particulares. Na parroquia de Chapela temos A Devesa da Centieira, A Devesa de Arealonga, A Devesa e A Devesa do Cubillón de Arriba.