Santo Paio de Arriba



BARRIO DA PARROQUIA DE
Reboreda

A orixe do nome deste barrio de Reboreda é un haxiotopónimo; é dicir, un nome de lugar relacionado co culto relixioso. Neste caso garda relación coa capela dedicada a San Paio, o máis popular e venerados dos santos galegos. Ten a curiosidade de ter a forma plena do adxectivo santo fronte ao máis común san Paio.