Reboreda
O nome desta parroquia procede do latín roboreta, derivado de robur que é a palabra usada polos romanos para referirse ao carballo (Quercus robur). O sufixo -eda é moi frecuente para designar colectivos e en moitos casos relacionados con árbores e plantas (Abeleda, Amoedo, Cerdedo). Polo tanto, Reboreda significa "lugar poboado de carballos".