Bolchamade
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Santo Paio de Arriba
DA PARROQUIA DE
Reboreda
É un dos topónimos máis curiosos e enigmáticos de Reboreda. Procede dunha alteración de Valchamade e componse de dúas partes: a primeira (Val) refírese á orografía; a segunda, máis escura, segundo Gonzalo Navaza podería corresponder ao nome latino Clamatus. A orixe, pois, do topónimo sería en latín Valle Clamati. Tamén existe a posibilidade que o segundo elemento proceda de Flamma (chama) que daría en Valchamada, termo que logo sufriría unha alteración vocálica.