Trasmañó



A orixe do nome deste barrio que dá nome á parroquia vén indicarnos que se sitúa despois de Mañó, un microtopónimo que en Redondela se sitúa preto de Vilavella. Mañó na documentación medieval aparece como MANIOLA, que probablemente se refire a unha chaira ou área plana.