Cesantes
É o topónimo documentado máis antigo de Redondela. Aparece recollido como Celesantes no Parochiale suevum do século VI. Ten unha orixe antiga, de época prerromana, que xera dúbidas na súa interpretación e significado.
Pola nosa parte, a explicación que ofrecemos do topónimo ten dúas partes: CEL- (en relación coa luz ou o brillo, como as palabras "celeste" ou "celestial") e a terminación -NTES (refírese aos habitantes dese lugar). Polo tanto, o seu significado viría ser "os habitantes dunha zona con luz".